John Dewey: Democracia e educación

Democracia y educación. Ediciones Morata. 1995.

John Dewey, filósofo e educador norteamericano postulaba unha verdadeira conexión entre experiencia e reflexión como única maneira posible en que a persoa aprende. Para el, a mente como calquera outro órgano corporal, ten unha función definida de adaptación ó mundo real, sen que sexa posible desenvolver un suposto coñecemento de xeito independente da experiencia; é decir, usar o pensamento fora da súa función biolóxica. Esta concepción funcionalista do pensamento e a necesidade da experiencia directa na verdadeira aprendizaxe, queda sintetizada nos seguintes extractos das aportacións de Dewey:

“As persoas aprenden mediante o seu enfrentamento con situacións problemáticas que xurden no curso das actividades que mereceron o sue interese. O pensamento constitúe para todos un instrumento destinado a resolver os problemas da experiencia; o coñecemento é a acumulación de sabiduría que xenera a resolución deses problemas.”
"O material do pensar non son os pensamentos, senon as accións, os feitos, os sucesos e as relacións das cousas. Noutras palabras, para pensar eficazmente debemos ter tido, ou ter agora, experiencias que nos ofrezcan recursos para vencer a dificultade que se presenta. Unha dificultade é un estímulo indispensable para pensar."
"O fracaso procede de supoñer que as relacións poden chegar a ser perceptibles sen experiencia, sen aquel ensaiar e sufrir conxuntos do que temos falado. Suponse que o "espíritu" pode captalas con só prestar atención, e que esta atención pode prestarse a discrección, independentemente da situación dada. Deiquí o diluvio de semi-observacións, de ideas verbales e de "coñecemento" inasimilado que aflixe o mundo. Unha onza de experiencia é mellor que unha tonelada de teoría, simplemente porque sólo na experiencia a teoría ten significación vital e comparable. Unha experiencia mui humilde é capaz de enxendrar e conducir cualquera cantidade de teoría (ou contido intelectual), pero unha teoría aparte dunha experiencia non pode ser definitivamente captada nen sequera como teoría.”
 “Os temas de estudo, ó igual que todos os coñecementos humanos, son o producto dos esforzos do home por resolver os problemas que a súa experiencia lle plantexa, pero antes de constituir ese conxunto formal de coñecementos, foron extraídos das situacións nas que se fundaba a súa elaboración. Para os tradicionalistas, estes coñecementos deben impoñerse simplemente ó neno de xeito gradual, determinado pola lóxica do conxunto abstracto de certezas, pero presentado desta maneira, ese material ten escaso interese para o neno, e ademais, non lle instrúe sobre os métodos de investigación experimental polos que a humanidade ten adquirido ese saber. Como consecuencia delo, os maestros teñen que apelar a motivacións do neno que non gardan relación co tema estudado, por exemplo, o temor do neno ó castigo e á humillación, co fin de conseguir unha apariencia de aprendizaxe.”
A aprendizaxe experimental pode entenderse como un ciclo ou secuencia que presenta múltiples solapamentos, etapas que avanzan en paralelo e saltos entre etapas:
  • Vivir unha experiencia concreta, que implica unha combinación de acción da persoa e reacción da situación; unha interacción directa co ambiente.
  • Observacións e reflexións derivadas da experiencia.
  • Xeneralización e formación de conceptos abstractos.
  • Implicacións dos conceptos en novas situacións: novas experiencias.

No hay comentarios: