Práctica sobre loxística inversa

Obxectivos:
  • Utilizando a Base de Datos SABI, elaborar un ranking das maiores empresas españolas do sector de xestión de residuos e reciclaxe en base a dous criterios: volume de facturación anual e número de empregados.
  • Confeccionar unha táboa que conteña un directorio (domicilio social, páxina web, ...) das principais empresas do sector.
  • Analizar os ámbitos específicos de actividade e os mercados das principais empresas do sector.
Contidos:

  • Buscar en Internet a lista de códigos CNAE-2009.
  • Buscar o código (de dous díxitos) correspondentes ás actividades de recollida, tratamento, eliminación e valorización de residuos.
  • Buscar unha táboa de correspondencia entre CNAE-2009 e CNAE-93 Rev.1 (dado que SABI non incorporou ainda a recente revisión da CNAE teremos que empregar os códigos da anterior).
  • Elaborar un listado en SABI coas empresas españolas que desenvolven as mencionadas actividades. Exportar (descargar) este listado a unha folla de cálculo.
  • Elaborar os dous ranking: por facturación e por empregados.
  • Usar para o ranking unha plantilla de táboa con filas en dúas cores alternas, seguindo o exemplo que aparece neste enlace.
  • Buscar e analizar información adicional sobre as maiores empresas (ámbitos específicos de actividade, ámbito xeográfico do seu mercado, etc.).
  • Elaborar un informe final.

Recursos:

No hay comentarios: