Formas xurídicas de empresa

Obxectivos:
  • Recordar as diferentes formas xurídicas de empresa e os aspectos máis relevantes na elección dunha forma xurídica de empresa.
Contidos:
  • Explica a distinción entre empresario persoa física e empresario persoa xurídica.
  • Cales son os aspectos máis relevantes para elexir a forma xurídica dun proxecto empresarial?
  • Explica qué ocorre en canto á responsabilidade patrimonial cando un empresario individual está casado.
  • Cómo clasificarías a un agricultor (titular dunha explotación agrícola) segundo os criterios económicos de clasificación empresarial? E segundo os criterios xurídicos?
  • Explica a seguinte afirmación: "unha sociedade é unha empresa xestionada por varios socios".
  • Que son os Estatutos dunha sociedade?
  • Que é o capital social? Ten un empresario individual capital social?
  • Explica a seguinte afirmación: "dependendo da forma xurídica, a responsabilidade pode estar limitada ó capital aportado ou ser ilimitada".
  • Explica a seguinte afirmación: "non existe separación entre o patrimonio empresarial e o patrimonio persoal no caso do empresario individual".
  • Explica a seguinte afirmación a unha persoa sen coñecementos empresariais: “o IRPF é un imposto de carácter progresivo mentres que o IS é un imposto de carácter proporcional”.
    • Que forma xurídica recomendarías (atendendo á carga fiscal) a un amigo que vai abrir un pequeno taller de carpintería? Razoa a resposta
    • Explica as vantaxes e inconvintes da forma xurídica que lle propós.
    • Que réxime da seguridade social lle corresponderá?
    • Cal é o capital social necesario legalmente?
  • Opina e argumenta sobre as seguintes cuestións:
    • Está permitido legalmente que varios autónomos (empresarios) traballen xuntos de xeito continuado e coordinado sen constituir unha sociedade?
    • Poderían, no seu caso, ter máquinas en común e/ou compartir un local de traballo?
    • Poderían, no seu caso, facturar de xeito unificado?
  • Unha persoa que estea xubilada e polo tanto non pode traballar ¿pode ser socio dunha S.L.?
  • Que quere dicir que"nunha SL o capital social debe estar totalmente desembolsado"?
  • Que é unha sociedade de responsabilidade limitada unipersoal?
  • Reflexiona e argumenta sobre a seguinte situación hipotética: entre varios compañeiros da clase constituides unha SL
    • En que condicións poderán aportar os socios traballo persoal ó capital social?
    • A sociedade deberá ser xestionada por todos os socios?
    • Podemos constituir a SL sen que traballe nadie nela?
    • Debe darse de alta alguén dos socios como autónomo? Deben darse de alta todos os socios no réxime de traballadores por conta allea? No seu caso, quenes deben darse de alta?
    • A cotización no réxime especial de autónomos varía en función do CNAE da SL e/ou da categoría profesional de cada persoa?
    • Que criterios determinan o importe a pagar en concepto de seguro autónomo?
    • A cotización no réxime de autónomos depende do tipo de sociedade (forma xurídica de empresa)?
    • A denominación social dunha SL podería ser distinta da marca ou nome comercial coa que se actúa no mercado?
  • Explica a posibilidade de que tanto persoas físicas como xurídicas sexan socios dunha SL.
  • Explica o seguinte: "as SL, a diferencia das SA, teñen certo carácter personalista".
  • Que é a Xunta Xeneral dunha SL?
  • Explica que é unha SLNE? Ónde pode tramitarse a constitución dunha SLNE? Explica en qué consiste o Réxime Simplificado da Contabilidade. Que entidades poden acollerse a esta contabilidade simplificada?
  • Explica a diferencia entre os "administradores" e os "administrativos" nunha sociedade.
  • Explica o seguinte: "as accións dunha SA son partes alícuotas do capital social".
  • Que é o Consello de Administración nunha SA? Quen elixe os seus integrantes?
  • Completa e explica a seguinte noticia (publicada en La Voz de Galicia o 8/5/2004) a unha persoa sen coñecementos empresariais; facendo referencia e aclarando especialmente as palabras ou expresións resaltadas. ¿Qué forma xurídica crees que ten INDITEX e BSCH?
    • El grupo gallego Inditex del sector ________ (en el que se integran _______ , ______ y otras marcas) constituyó el pasado ejercicio, junto a Ferrovial y el _____________________ (BSCH), una __________________ (AIE) denominada Naviera Gran Sol. La compañía que preside Amancio Ortega controla el 49% del capital. Otro 49% está en manos de la constructora y el 2% restante es propiedad de la entidad financiera.
      La constitución de este tipo de sociedades, que comportan beneficios fiscales, es un instrumento respaldado por la _______________ (UE) para aquellos sectores, como el naval, que necesitan recursos económicos. Así, la AIE constituida por Inditex, Ferrovial y el SCH ha firmado un acuerdo de arrendamiento financiero (_________ en su denominación internacional) con un armador para inyectar recursos a la construcción de un __________, que ya ha sido finalizado.
  • Explica os seguintes acrónimos: SAT, UTE, AIE, SAL / SLL
  • Explica qué son as seguintes entidades relacionados coa actividade empresarial: XESGALICIA, SOGARPO, ICO, IGAPE, CEO, UPD Deputación.
  • Qué forma xurídica empresarial se deduce do seguinte texto. Define os órganos de goberno que aparecen citados no texto. Enumera e explica brevemente as catro funcións directivas básicas; comenta cal destas funcións directivas aparece reflexada no texto.
    • “...Estábamos al borde del cierre y no éramos conscientes de la situación. Cuando se convocó la Asamblea de Noviembre de 1991 se generó una gran expectación, puesto que Koldo se ponía por primera vez delante de todos los trabajadores de IRIZAR; para presentarse y presentarnos a la vez el análisis de la situación en la que nos encontrábamos y qué medidas debíamos de poner en marcha si queríamos sobrevivir a la misma. Hasta entonces muy pocas personas habíamos tenido la oportunidad de conocer a Koldo personalmente –fundamentalmente el Consejo Rector y el entonces denominado Consejo de Dirección- y ya desde el primer momento pudimos apreciar su capacidad para provocar cambios de actitud y aportar ideas nuevas que nos hicieran salir del agujero en el que nos encontrábamos.”
  • Explica a qué forma xurídica de empresa corresponde o seguinte organigrama. Define e explica a función dos órganos sociais que aparecen representados:
  • Pode unha SA ser propietaria da maioría do capital social dunha cooperativa?
  • Poden todas as accións dunha SA ser nominativas e restrinxirse vía estatutos a súa trasmisión?
  • Explica por que se afirma que as cooperativas se xestionan democráticamente. Que as distingue das SA ou SL?
  • Explica os seguintes aspectos relacionados cos trámites de constitución dunha sociedade:
    • Estatutos Sociais
    • Escritura de Constitución
    • Inscripción no Rexistro Provincial.
Recursos:

Cooperativas

Obxectivos:
  • Recordar as diferentes formas xurídicas de empresa e os aspectos máis relevantes na elección dunha forma xurídica de empresa.
  • Estudiar a forma cooperativa que soe resultar menos coñecida, pese a súa importancia no tecido productivo de Ourense.
  • Coñecer a experiencia de Mondragón, un dos principais referentes cooperativos a nivel internacional.
Contidos:
  • Texto con entrevista a Constan Dacosta (presidente de Eroski) e Historia de Mondragón Corporación Cooperativa (MCC): acceder a documento.
  • Cuestións para comentar a partir do texto anterior:
    • Quen é Constan Dacosta?
    • Explica as seguintes afirmacións:
      • "Hemos crecido sin salirnos de nosotros mismos"
      • "Cuando un trabajador quiere ser propietario, debe desembolsar 8.400 euros"
      • "La diferencia retributiva es de 1 a 4, si tomamos el 10% de la base y el 10% de la cúpula"
      • "El último vagón no puede estar muy distante del primero"
      • "Aquí los directivos son parte del ADN de la empresa"
      • "Hacemos striptease ante los empleados"
      • "El 80% de la plantilla son mujeres, pero hay algo que no hacemos bien"
      • "En el Consejo de Administración, elegido por toda la plantilla ...." (Diferencias cunha SL ou SA?)
    • Como é o reparto de beneficios en Eroski?
    • Relación entre Eroski e Mondragón Corporación Cooperativa?
    • Quen foi José María Arizmendiarrieta? Relaciona coa idea de "empresario social" tratada noutra ocasión.
    • Cal era a situación en España nos anos 40?
    • Con que nome se creou inicialmente Fagor? Que se producía inicialmente?
    • Describe a situación do mercado español na segunda metade da década dos cincuenta. Implicaba unha oportunidade ou un freno para o crecemento da producción das cooperativas?
    • Que é un contrato de licencia? Que son os royalties? Pon un exemplo actual de licencia de fabricación ou licencia de marca.
    • Que é un estudio de viabilidade?
    • Que actividade realiza Caja Laboral? Como axudou a desenvolver as cooperativas?
    • Que actividade realizaba Lagun Aro? Que causas motivaron a creación desta empresa? Por que constituíu unha “excepcional escola de aprendizaxe”?
    • Sintetiza a situación de MCC na década dos oitenta.
    • Que significa “capitalizar resultados”? ¿Que son os Retornos Cooperativos?
    • En que consistiron as “reubicacións”?
    • Que significa “capitalizar unha ou incluso as dúas pagas extraordinarias”?
    • Que significa “reposición dos capitais”? ¿Que papel desempeñou Caja Laboral nestes procesos?
    • Explica: "las medidas descritas (...) se tomaron en Asambleas Generales (...) mediante votaciones en las que el principio operativo es el de una persona un voto" (Diferencias cunha SL ou SA?)
    • Diferencia entre planificación estratéxica e plans de xestión anuais.
    • Que significa pasar dunha organización territorial do Grupo a un modelo organizativo sectorial? Cales foron os tres grupos sectoriais resultantes?
    • Explica que significa “desarrollar sinerxias”. Por que a organización sectorial pode contribuir máis a estas sinerxias?
    • Explica a diferencia entre un grupo de sociedades ou holding e a Corporación Mondragón.
    • Enumera os tipos de resultados cos que se controla a xestión en MCC.
Recursos:

Aspectos formais ou documentais no ciclo comercial

Obxectivos:
  • Tratar cuestións habituais no traballo diario de xestión ou administración de calquera organización.
  • Comentar os medios de pago e cobro máis habituais no comercio entre empresas.
  • Repasar aspectos básicos de tipo formal ou xurídico na empresa.
Contidos:
  • Comentar aspectos documentais relacionados co "ciclo comercial" na empresa (acceder a documento: "apuntes sobre albaráns e facturas"):
    • ¿Explica a diferencia entre albarán e factura?
    • ¿Cada factura correspóndese cun albarán ou pódense agrupar albaráns nunha única factura?
    • ¿Pódense expedir varios orixinais dunha factura? ¿Cando un cliente extravía o orixinal dunha factura, emítese outro orixinal?
    • Os consumidores finais (non empresarios) ¿teñen a obriga de conservar as facturas ou tickets?
    • ¿Que se fai cando se detecta un erro nunha factura con posterioridade a súa emisión e envío a un cliente?
  • Comentar aspectos relacionados cos pagos e cobros (acceder a: "documentos de pago - cobro"):
    • ¿Que é un pagaré de conta corrente?
    • ¿Diferencias entre cheque e pagaré?
    • ¿Cheque cruzado? ¿Cheque conformado?
    • ¿Que son os créditos comunicados en ficheiro?
    • Créditos comunicados en fichero ¿Diferencia entre gestión de cobro e desconto?
    • ¿Como funciona o desconto bancario de créditos comunicados en ficheiro? ¿Que sucede se hai un impago na data de vencimento do crédito?
    • ¿Que é unha letra de cambio?
    • Explica a seguinte frase: "as letras de cambio tributan sempre por IAJD"
    • ¿Que é o pago certificado ou confirming?
    • ¿Que son os adeudos por domiciliacións? ¿qué tipo de empresas utilizan este medio?
Recursos:

Nocións de organización, empresa e empresario

Obxectivos:
  • Reflexionar sobre as nocións de organización, empresa e empresario.
  • Debatir sobre a capacidade emprendedora como algo inherente a cada persoa.
  • Reflexionar sobre a función social do empresario.
  • A empresa entendida como proxecto compartido.
Contidos:
  • Textos:
  • Cuestións de debate relacionadas co texto de Yunus:
    • Quén é Yunus?
    • Qué é Grameen Bank?
    • Comenta a situación de Bangladesh en 1974.
    • Explica as seguintes afirmacións:
      • "Mis clases eran como las películas norteamericanas"
      • "Descubrir la economía real" (a qué se refire)
      • "Banco de los pobres"
      • "pero aquello no se detuvo en sólo unas pocas personas"
    • Relaciona: Jobra - universidade - microcréditos
    • Explica: "no me enseñaron a entender la iniciativa personal". Crees que a educación en España se libraría desta crítica?
    • Diferencia: autoemprego vs. emprego no mercado laboral. A teoría económica ortodoxa presta igual atención a ambas formas de traballo?
    • Explica as seguintes afirmacións:
      • "Nuestros ancestros no esperaban que alguien les creara puestos de trabajo". Crees que esto era así tamén en Galicia.
      • "El papel asignado a los seres humanos en la teoría económica ciertamente no es algo que una persona que se respete pueda aceptar"
    • Qué argumentos aporta Yunus para xustificar a necesidade dun "pensamento económico novo".
    • Explica: "A no ser que cambiemos nuestra predisposición mental, no podremos cambiar nuestro mundo".
    • Relaciona a pobreza coa afirmación: "queríamos ir a la Luna, y fuimos a ella".
    • Explica: "Los pobres son como los árboles bonsai".
    • Define empresario social.
    • Diferencia entre empresario social baseado no mercado e non baseado no mercado.
    • Diferencia: "diñeiro filantrópico" e "inversión social".
    • Opinión de Yunus sobre o papel do Estado en relación ós pobres.
    • Relaciona "libre mercado" e "solución dos problemas sociais".
    • Explica as seguintes afirmacións:
      • "El sector privado, a diferencia del Estado, está abierto a todo el mundo".
      • "Las empresas impulsadas por una conciencia social pueden llegar a funcionar muy bien en el mercado"
      • "La competencia es la fuerza motriz de toda innovación"
      • "Un empresario no es una persona dotada de un talento especial"
      • "... una organización empresarial sin ánimo de lucro" (Pode en España unha asociación sen ánimo de lucro desenvolver unha actividade económica? Pode ter beneficios?).
  • Cuestións de debate relacionadas coa entrevista a Iñaki Gabilondo:
    • Quén é Gabilondo?
    • Importancia do "medio" (empresa) e da "personaxe" (persoa individual).
    • Defínese a sí mesmo como "home de empresa" (explicao).
    • Por qué 1981 marcou un punto de inflexión na radio en España?
    • Explica a analoxía "camiseta" - "empresa".
    • Explica as seguintes afirmacións:
      • "Cuando se hace una apuesta hai que sostenerla en el tiempo"
      • "Siempre tuve una mirada pensada para aportar"
      • "No sé que es la audiencia"
      • "Todas las mañanas utilizo un truco ..."
      • "Todos somos un individuo y una responsabilidad social"
    • Estás dacordo con que "la conciencia de que todos nos debemos a los demás es lo básico para sentirse ciudadano". Crees que esta extendida esta visión entre as persoas?
    • Crees que calquera traballo ten unha responsabilidade/compromiso con outros ou só determinados traballos (médicos, xuices) implican esta responsabilidade cos demáis?
    • Qué é "Grupo Prisa"