Xestión por procesos e calidade

Obxectivos:
  • Aproximarse ó concepto de calidade desde a perspectiva da satisfacción dos clientes e de todos os grupos de interés da organización (stakeholders).
  • Coñecer o sistema de normas ISO, centrándonos nas series máis enfocadas á xestión (ISO 9000 e ISO 14000).
  • Coñecer o modelo europeo de excelencia empresarial (EFQM).
Contidos:
  • Que é a calidade?
  • Que é a normalización?
  • Que é a ISO? Que son as normas ISO? Teñen carácter obligatorio? En que ámbito xeográfico se aplican?
  • Que é ISO 9000? Que é ISO 14000? Que aspectos regulan?
  • ISO 9000 e 14000 garanten a calidade dos productos e servicios da empresa?
  • Por que decimos que unha norma ISO pode eliminar as “barreiras técnicas” ó comercio no ámbito internacional? (ver por exemplo ISO 216)
  • Por que ISO 9000 e ISO 14000 son as normas máis coñecidas no ámbito da xestión empresarial?
  • Por que pode interesar a unha empresa estar certificada según ISO 9000 ou ISO 14000?
  • Que é AENOR?
  • ¿Qué é ENAC?
  • En España AENOR é a única entidade acreditada para emitir certificados de calidade en base ás normas ISO?
  • Corrixe a seguinte frase:
    • "Existen múltiples entidades en España acreditadas pola International Organization for Standardization (ISO) para emitir certificados de calidade en base ás normas internaionais ISO".
  • Corrixe a seguinte frase:
    • "En España a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) é unha das entidades autorizadas para otorgar certificados de calidade conforme ás normas intemacionais ISO."
  • Propón unha redacción alternativa á seguinte frase:
    • “... O comercio internacional vese moi favorecido pola heteroxeneidade nas características técnicas dos productos con similares tecnoloxías, dada a súa incidencia nas barreiras técnicas ó comercio, promovidas polo sistema de normas ISO (International Sentence Obligatory) dado o seu carácter de lexislación internacional obligatoria.”
  • En relación ás normas ISO as seguintes afirmacións ¿son verdadeiras ou falsas?:
    • a) É un amplo sistema de normas voluntarias para as empresas.
      b) É unha serie ampla de normas legais sobre calidade.
      c) É unha ampla serie de normas obligatorias de AENOR.
      d) Fai referencia á obtención dun certificado de calidade por un organismo dependente da Administración e acreditado polos consumidores.
      e) Fai referencia á obtención dun certificado de calidade por un organismo dependente da Administración.
      f) Fai referencia á obtención dun certificado de calidade por un organismo independente da empresa pero acreditado pola Administración.
      g) Para poder competir en moitos sectores hoxe en dia é obligatorio implantar sistemas ISO.
      h) O comercio intemacional vese moi favorecido pola heteroxeneidade nas caracteristicas técnicas dos productos, dada a súa incidencia nos sistemas de innovación.
  • En relación ás normas ISO, as seguintes afirmacións ¿son verdadeiras ou falsas?:
    • a) ISO 9000 e ISO 14000 céntranse nos procesos da empresa.
      b) ISO 9000 e ISO 14000 céntranse nos productos e servizos da empresa.
      c) ISO 9000 ocúpase dos productos e servizos da empresa e ISO 14000 ocúpase dos procesos da empresa, prestando especial atención á xestión medioambental.
      d) ISO 9000 é unha serie de normas aplicables ás PEMES, mentres que ISO 14000 é unha serie de normas aplicables ás grandes empresas.
      e) ISO 14000 é un ha serie de normas que sustitúe á serie ISO 9000, tratando de integrar no sistema de normas de calidade os principios da xestión medioambental.
      f) ISO 9000 e ISO 14000 son aplicables a todo tipo de empresas tanto por tamano como por actividade.
      g) As normas ISO 14000 están relacionadas coa xestión medioambiental.
      h) A serie de normas ISO 9000 fan referencia a especificidades técnicas que deben cumplir os productos.
      i) As normas ISO 9000 e ISO 14000 configúranse como sistemas estándar de administración xenéricos, e son moi coñecidas no ámbito empresarial.
  • En canto ó sistema de aseguramento da calidade, as seguintes afirmacións ¿son verdadeiras ou falsas?:
    • a) ENAC é un organismo acreditado por AENOR para otorgar certificacións de calidade.
      b) ENAC é un organismo acreditado por ISO para otorgar certificacións de calidade en Espalla.
      c) ENAC, AENOR, Bureau Veritas, Lloyds, etc. son organismos acreditados por ISO para otorgar certificacións de calidade.
      d) AENOR, Bureau Veritas, Lloyds, etc. son organismos acreditados por ENAC para otorgar certificacións de calidade.
      e) ISO é un organismo internacional que otorga certificacións de calidade.
      f) A ausencia de armonización de productos similares entre parses contribúe a crear barreiras técnicas ó comercio.
      g) ISO é unha federación internacional de organismos nacionáis de normalización. ISO é unha organización non gubernamental.
      h) ISO é unha federación de organismos gubernamentais de acreditación e certificación.
  • Explica o Modelo Europeo de Excelencia Empresarial (EFQM).
  • En que consiste a autoavaliación dunha empresa según ó Modelo EFQM?
Recursos:

No hay comentarios: