Formas xurídicas de empresa

Obxectivos:
  • Recordar as diferentes formas xurídicas de empresa e os aspectos máis relevantes na elección dunha forma xurídica de empresa.
Contidos:
  • Explica a distinción entre empresario persoa física e empresario persoa xurídica.
  • Cales son os aspectos máis relevantes para elexir a forma xurídica dun proxecto empresarial?
  • Explica qué ocorre en canto á responsabilidade patrimonial cando un empresario individual está casado.
  • Cómo clasificarías a un agricultor (titular dunha explotación agrícola) segundo os criterios económicos de clasificación empresarial? E segundo os criterios xurídicos?
  • Explica a seguinte afirmación: "unha sociedade é unha empresa xestionada por varios socios".
  • Que son os Estatutos dunha sociedade?
  • Que é o capital social? Ten un empresario individual capital social?
  • Explica a seguinte afirmación: "dependendo da forma xurídica, a responsabilidade pode estar limitada ó capital aportado ou ser ilimitada".
  • Explica a seguinte afirmación: "non existe separación entre o patrimonio empresarial e o patrimonio persoal no caso do empresario individual".
  • Explica a seguinte afirmación a unha persoa sen coñecementos empresariais: “o IRPF é un imposto de carácter progresivo mentres que o IS é un imposto de carácter proporcional”.
    • Que forma xurídica recomendarías (atendendo á carga fiscal) a un amigo que vai abrir un pequeno taller de carpintería? Razoa a resposta
    • Explica as vantaxes e inconvintes da forma xurídica que lle propós.
    • Que réxime da seguridade social lle corresponderá?
    • Cal é o capital social necesario legalmente?
  • Opina e argumenta sobre as seguintes cuestións:
    • Está permitido legalmente que varios autónomos (empresarios) traballen xuntos de xeito continuado e coordinado sen constituir unha sociedade?
    • Poderían, no seu caso, ter máquinas en común e/ou compartir un local de traballo?
    • Poderían, no seu caso, facturar de xeito unificado?
  • Unha persoa que estea xubilada e polo tanto non pode traballar ¿pode ser socio dunha S.L.?
  • Que quere dicir que"nunha SL o capital social debe estar totalmente desembolsado"?
  • Que é unha sociedade de responsabilidade limitada unipersoal?
  • Reflexiona e argumenta sobre a seguinte situación hipotética: entre varios compañeiros da clase constituides unha SL
    • En que condicións poderán aportar os socios traballo persoal ó capital social?
    • A sociedade deberá ser xestionada por todos os socios?
    • Podemos constituir a SL sen que traballe nadie nela?
    • Debe darse de alta alguén dos socios como autónomo? Deben darse de alta todos os socios no réxime de traballadores por conta allea? No seu caso, quenes deben darse de alta?
    • A cotización no réxime especial de autónomos varía en función do CNAE da SL e/ou da categoría profesional de cada persoa?
    • Que criterios determinan o importe a pagar en concepto de seguro autónomo?
    • A cotización no réxime de autónomos depende do tipo de sociedade (forma xurídica de empresa)?
    • A denominación social dunha SL podería ser distinta da marca ou nome comercial coa que se actúa no mercado?
  • Explica a posibilidade de que tanto persoas físicas como xurídicas sexan socios dunha SL.
  • Explica o seguinte: "as SL, a diferencia das SA, teñen certo carácter personalista".
  • Que é a Xunta Xeneral dunha SL?
  • Explica que é unha SLNE? Ónde pode tramitarse a constitución dunha SLNE? Explica en qué consiste o Réxime Simplificado da Contabilidade. Que entidades poden acollerse a esta contabilidade simplificada?
  • Explica a diferencia entre os "administradores" e os "administrativos" nunha sociedade.
  • Explica o seguinte: "as accións dunha SA son partes alícuotas do capital social".
  • Que é o Consello de Administración nunha SA? Quen elixe os seus integrantes?
  • Completa e explica a seguinte noticia (publicada en La Voz de Galicia o 8/5/2004) a unha persoa sen coñecementos empresariais; facendo referencia e aclarando especialmente as palabras ou expresións resaltadas. ¿Qué forma xurídica crees que ten INDITEX e BSCH?
    • El grupo gallego Inditex del sector ________ (en el que se integran _______ , ______ y otras marcas) constituyó el pasado ejercicio, junto a Ferrovial y el _____________________ (BSCH), una __________________ (AIE) denominada Naviera Gran Sol. La compañía que preside Amancio Ortega controla el 49% del capital. Otro 49% está en manos de la constructora y el 2% restante es propiedad de la entidad financiera.
      La constitución de este tipo de sociedades, que comportan beneficios fiscales, es un instrumento respaldado por la _______________ (UE) para aquellos sectores, como el naval, que necesitan recursos económicos. Así, la AIE constituida por Inditex, Ferrovial y el SCH ha firmado un acuerdo de arrendamiento financiero (_________ en su denominación internacional) con un armador para inyectar recursos a la construcción de un __________, que ya ha sido finalizado.
  • Explica os seguintes acrónimos: SAT, UTE, AIE, SAL / SLL
  • Explica qué son as seguintes entidades relacionados coa actividade empresarial: XESGALICIA, SOGARPO, ICO, IGAPE, CEO, UPD Deputación.
  • Qué forma xurídica empresarial se deduce do seguinte texto. Define os órganos de goberno que aparecen citados no texto. Enumera e explica brevemente as catro funcións directivas básicas; comenta cal destas funcións directivas aparece reflexada no texto.
    • “...Estábamos al borde del cierre y no éramos conscientes de la situación. Cuando se convocó la Asamblea de Noviembre de 1991 se generó una gran expectación, puesto que Koldo se ponía por primera vez delante de todos los trabajadores de IRIZAR; para presentarse y presentarnos a la vez el análisis de la situación en la que nos encontrábamos y qué medidas debíamos de poner en marcha si queríamos sobrevivir a la misma. Hasta entonces muy pocas personas habíamos tenido la oportunidad de conocer a Koldo personalmente –fundamentalmente el Consejo Rector y el entonces denominado Consejo de Dirección- y ya desde el primer momento pudimos apreciar su capacidad para provocar cambios de actitud y aportar ideas nuevas que nos hicieran salir del agujero en el que nos encontrábamos.”
  • Explica a qué forma xurídica de empresa corresponde o seguinte organigrama. Define e explica a función dos órganos sociais que aparecen representados:
  • Pode unha SA ser propietaria da maioría do capital social dunha cooperativa?
  • Poden todas as accións dunha SA ser nominativas e restrinxirse vía estatutos a súa trasmisión?
  • Explica por que se afirma que as cooperativas se xestionan democráticamente. Que as distingue das SA ou SL?
  • Explica os seguintes aspectos relacionados cos trámites de constitución dunha sociedade:
    • Estatutos Sociais
    • Escritura de Constitución
    • Inscripción no Rexistro Provincial.
Recursos:

No hay comentarios: