Cooperativas

Obxectivos:
  • Recordar as diferentes formas xurídicas de empresa e os aspectos máis relevantes na elección dunha forma xurídica de empresa.
  • Estudiar a forma cooperativa que soe resultar menos coñecida, pese a súa importancia no tecido productivo de Ourense.
  • Coñecer a experiencia de Mondragón, un dos principais referentes cooperativos a nivel internacional.
Contidos:
  • Texto con entrevista a Constan Dacosta (presidente de Eroski) e Historia de Mondragón Corporación Cooperativa (MCC): acceder a documento.
  • Cuestións para comentar a partir do texto anterior:
    • Quen é Constan Dacosta?
    • Explica as seguintes afirmacións:
      • "Hemos crecido sin salirnos de nosotros mismos"
      • "Cuando un trabajador quiere ser propietario, debe desembolsar 8.400 euros"
      • "La diferencia retributiva es de 1 a 4, si tomamos el 10% de la base y el 10% de la cúpula"
      • "El último vagón no puede estar muy distante del primero"
      • "Aquí los directivos son parte del ADN de la empresa"
      • "Hacemos striptease ante los empleados"
      • "El 80% de la plantilla son mujeres, pero hay algo que no hacemos bien"
      • "En el Consejo de Administración, elegido por toda la plantilla ...." (Diferencias cunha SL ou SA?)
    • Como é o reparto de beneficios en Eroski?
    • Relación entre Eroski e Mondragón Corporación Cooperativa?
    • Quen foi José María Arizmendiarrieta? Relaciona coa idea de "empresario social" tratada noutra ocasión.
    • Cal era a situación en España nos anos 40?
    • Con que nome se creou inicialmente Fagor? Que se producía inicialmente?
    • Describe a situación do mercado español na segunda metade da década dos cincuenta. Implicaba unha oportunidade ou un freno para o crecemento da producción das cooperativas?
    • Que é un contrato de licencia? Que son os royalties? Pon un exemplo actual de licencia de fabricación ou licencia de marca.
    • Que é un estudio de viabilidade?
    • Que actividade realiza Caja Laboral? Como axudou a desenvolver as cooperativas?
    • Que actividade realizaba Lagun Aro? Que causas motivaron a creación desta empresa? Por que constituíu unha “excepcional escola de aprendizaxe”?
    • Sintetiza a situación de MCC na década dos oitenta.
    • Que significa “capitalizar resultados”? ¿Que son os Retornos Cooperativos?
    • En que consistiron as “reubicacións”?
    • Que significa “capitalizar unha ou incluso as dúas pagas extraordinarias”?
    • Que significa “reposición dos capitais”? ¿Que papel desempeñou Caja Laboral nestes procesos?
    • Explica: "las medidas descritas (...) se tomaron en Asambleas Generales (...) mediante votaciones en las que el principio operativo es el de una persona un voto" (Diferencias cunha SL ou SA?)
    • Diferencia entre planificación estratéxica e plans de xestión anuais.
    • Que significa pasar dunha organización territorial do Grupo a un modelo organizativo sectorial? Cales foron os tres grupos sectoriais resultantes?
    • Explica que significa “desarrollar sinerxias”. Por que a organización sectorial pode contribuir máis a estas sinerxias?
    • Explica a diferencia entre un grupo de sociedades ou holding e a Corporación Mondragón.
    • Enumera os tipos de resultados cos que se controla a xestión en MCC.
Recursos:

No hay comentarios: