Entrevistas a tres empresarios dunha actividade

Obxectivos:
  • Contacto directo coa realidade dun sector da actividade económica.
  • Realizar unha investigación de campo sobre o entorno empresarial.
Contidos:

  • Elexir un sector de actividade con importancia presente ou futura en termos de emprego xenerado, número de empresas, etc.
  • Formación de equipos de alumnos cun máximo de catro persoas.
  • Cada grupo elixe un tipo de actividade na que desenvolverá as entrevistas.
 Estructura do traballo:
  • A) INTRODUCCIÓN:
    • Qué actividade empresarial se investigará?
    • Por qué se elixe investigar esta actividade? ¿para respostar a qué preguntas? (xustificación, argumentación)
    • Obxectivos da investigación.
    • Metodoloxía que se utilizará para obter a información e fontes a consultar.
    • Explicar a estructura que terá o informe:
      • Contexto da actividade.
      • Entrevistas
      • Conclusións
      • Implicacións de xestión
      • Bibliografía e outras fontes consultadas
    • Plan de traballo, diagrama de Gantt, cronograma ou "plan de actuación": planificación temporal das actividades precisas para completar o proxecto.
  • B) ANÁLISE DO SECTOR
    • A partir de documentación diversa: informes, noticias, etc.
    • Elaborar unha táboa tipo ranking de empresas do sector (coa base de datos SABI). (ver exemplo).
  • C) ENTREVISTAS
  • D) CONCLUSIÓNS
    • Síntese das principais ideas do traballo.
  • E) IMPLICACIÓNS DE XESTIÓN
    • Propostas / recomendacións para as empresas da actividade analizada.
  • F) BIBLIOGRAFÍA E OUTRAS FONTES CONSULTADAS

Algúns recursos adicionais:

No hay comentarios: